viernes, 3 de junio de 2016

ACTIVIDADES COMÚNS:SESIÓN 12, EXPOSICIÓN NA SEDE DO PARQUE NATURAL

DATA: 3 DE XUÑO

Por fin chegou o día da exposición do noso proxecto. Neste día daremos a coñecer o resultado de toda esta experiencia de facer un Proxecto Documental Integrado no colexio.

O venres 3 de xuño inauguramos ás 11:00 da mañá o noso proxecto na sede do Parque Natural. En este día contamos coa presenza da Xefa Territorial de Educación, a Xefa Territorial de Medio Ambiente, a alcaldesa de Lobios, a nosa asesora do Cefore e moitas familias que se interesaron en vir a coñecer o resultado final de este proceso.

As once da mañá fixemos a foto de familia xunto coas autoridades.



Acto seguido a directora do colexio deu a benvida a todolos asistentes, depois un alumno de sexto curso realizou unha introdución sobre o proxecto Coñecemos Lobios e un alumno/a de cada bloque do proxecto realizou unha breve introdución sobre o mesmo:
A directora
Introducción proxecto
Parque Natural
Vía Nova
Tradicións








Que é Lobios?



Termalismo



Despois da presentación tódolos asistentes puideron pasar a ver os diferentes paneis  e recunchos sobre cada bloque temático do noso proxecto:




Parque Natural

Vía Nova

Que é Lobios?

Termalismo

Tradicións
Durante a xornada tamén tivemos tempo de festexar e repor forzas cuns bos pinchos con tódolos asistentes













Finalmente e para rematar a xornada de exposición recibimos a boa noticia de que a dirección do Parque Natural pediunos que deixaramos a exposición durante mais días para que a xente a puidese ver nos días sucesivos xa que xerou unha gran expectación.

MOITAS GRAZAS!!!









Deixámosvos o vídeo do día de hoxe


martes, 31 de mayo de 2016

ACTIVIDADES COMÚNS: SESIÓN 11, SEMANA DE INTERCAMBIO

Data: dende o 23/05 ata 31/05

Durante estes días intercambiamos por última vez información sobre o proxecto. O laumnado vai rotando polas diferentes aulas para coñecer o resultado final de cada bloque de traballo.

O LUNS o alumnado do centro foi pola aula de Infantil para coñecer o resultado final deste bloque. Primeiro presentaron os animais do Parque Natural:











Despois presentaron as plantas do Parque











E finalmente espuxeron o mapa do terriotorio do Parque





O MARTES o alumnado percorreu o  mundo dos romanos co alumnado de primeiro de Primaria. encantoulle a todos e todas o resultado final do bloque da Vía Nova.

Primeiro explicáronnos o por qué da fundación de Roma a través da historia dos irmáns Rómulo e Remo




Tamén nos mostraron a vestimenta dos romanos






 A súa alimentación e os mosaicos artísticos que se realizaban naquela época















Tamén acabamos por descubrir a Vía Nova, o seu percorrido e a utilidade dos Miliarios



E finalmente tamén coñecemos outras construcións romanas como circos romanos, pontes, acueductos...




O MÉRCORES foi o momento de afondar no resultado final sobre que é Lobios.

Primeiro coñecemos como chegar ata Lobios e a súa situación xeográfica








Tamén aprendemos datos sobre a súa demografía




E finalmente aprendemos a organización do concello de Lobios




O LUNS da semana seguinte comezamos durante esa xornada a coñecer o resultado final do interesantísimo bloque sobre termalismo que o alumnado de terceiro e cuarto nos foi ensinando durante todo o semestre.


 







O MARTES rematamos estes días de intercambio coñecendo o resultado final do bloque sobre as tradicións da contorna de Lobios.



Todo o colexio acabou por afondar mais sobre a festa da carretada e os xogos populares



A matanza e aparellos dos oficios tradicionais